Lentes violetas na clase de francés
Nas clases de francés de 1º da ESO a 4º da ESO puxemos as lentes viletas este curso para analizar se a forma que temos de aprender francés está libre de machismos. Os nosos manuais melloraron moito ao longo do tempo, mais aínda conteñen pegadas machismas. Isto vímolo no léxico, na gramática e nos aspectos socioculturais.
Por exemplo no léxico: cando aprendemos os nomes dos animais, dos oficios ou os adxectivos sempre o facemos coa forma masculina e logo a partir do masculino formamos o feminino, co cal temos máis presentes os oficios en masculino ou os animais.
En canto á gramática: na forma plural do artigo atopamos que a forma masculina é a que fai de plural tanto para o masculino como para o feminino.
p.ex.: Le chat, la chatte, les chats, les chattes; ce livre, cette chaise, ces livres, ces chaises.
Ou por exemplo na concordancia do participio pasado no passé composé, dita concorcandia cando o grupo é mixto sempre se emprega a forma masculina, mirade:
Jean est allé au cinéma.
Marie est allée au cinéma.
Marie et Sophie sont allées au cinéma.
Jean, Marie et Sophie sont allés au cinéma. (Faise en feminino a pesares de que hai máis mulleres ca homes).
"Faut-il changer la grammaire?" Vimos que este tema é de gran debate en Francia, como podedes ler no seguinte enlace.
En canto á sociolinguística non sempre nos temas máis culturais hai equidade no número de homes e mulleres que presenta o manual.
P. ex.: nas exposicións orais.
E daquí naceron os diferentes proxectos que traballamos durante o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario