jueves, 20 de junio de 2019

Glosario bilingüe de plantas medicinais

O alumnado de Francés de 4º da E.S.O. e 1º de Bacharelato realizou un glosario bilingüe de plantas medicinais que se atopa dispoñible en Issuu. Compartimos o enlace para que lle botedes unha ollada. Glosario bilingüe de plantas medicinais galego < > francés

viernes, 22 de junio de 2018

La francophonie au féminin

La francophonie au féminin

O 20 de marzo é o día da francofonía en todo o mundo. Na clase vimos que quería decir este termo novo para moitos dos alumnos coa axuda dun vídeo. Como esta data coincide no mes de marzo, mes da muller, decidimos visualizar as mulleres francófonas. Os alumnos de 3º e 4º da ESO escolleron por grupos unha muller francófona e fixeron un power point compartido que podedes ver aquí logo crearon preguntas sobre elas para que o resto de alumnos poidese collecelas, o cuestionario quedou así, veña podes animarte a facelo!!





lunes, 18 de junio de 2018

O impacto do proxecto no día a día da aula

Lentes violetas na clase de francés



Nas clases de francés de 1º da ESO a 4º da ESO puxemos as lentes viletas este curso para analizar se a forma que temos de aprender francés está libre de machismos. Os nosos manuais melloraron moito ao longo do tempo, mais aínda conteñen pegadas machismas. Isto vímolo no léxico, na gramática e nos aspectos socioculturais.

Por exemplo no léxico: cando aprendemos os nomes dos animais, dos oficios ou os adxectivos sempre o facemos coa forma masculina e logo a partir do masculino formamos o feminino, co cal temos máis presentes os oficios en masculino ou os animais.

En canto á gramática: na forma plural do artigo atopamos que a forma masculina é a que fai de plural tanto para o masculino como para o feminino.
p.ex.: Le chat, la chatte, les chats, les chattes; ce livre, cette chaise, ces livres, ces chaises.

Ou por exemplo na concordancia do participio pasado no passé composé, dita concorcandia cando o grupo é mixto sempre se emprega a forma masculina, mirade:

Jean est allé au cinéma.
Marie est allée au cinéma.
Marie et Sophie sont allées au cinéma.
Jean, Marie et Sophie sont allés au cinéma. (Faise en feminino a pesares de que hai máis mulleres ca homes).
"Faut-il changer la grammaire?" Vimos que este tema é de gran debate en Francia, como podedes ler no seguinte enlace.



En canto á sociolinguística non sempre nos temas máis culturais hai equidade no número de homes e mulleres que presenta o manual.

Por iso fixemos fincapé en incluir mulleres na nosa clase.

P. ex.: nas exposicións orais.












E daquí naceron os diferentes proxectos que traballamos durante o curso.

Les dictionnaires au féminin

Le dictionnaire des métiers au féminin

En 1º da ESO traballamos sobre os oficios. Primeiro vimos un vídeo para saber o que era un "métier".

Clica para ver o  Vídeo e traballamos sobre a presenza das mulleres no vídeo no seguinte documento de traballo.

Coa axuda do diccionario fixemos unha choiva de ideas sobre os diferentes oficios, documento recollida datos.


E elaboramos un power compartido, clica aquí para velo.




Le dictionnaire des animaux au féminin

En 2º da ESO traballamos o vocabulario dos animais dende un punto de vista "violeta". Primeiro fixemos unha choiva de ideas co axuda deste documento e logo pensamos cantos deses animais estaban en masculino e cantos en feminino. Como o resultado foi maioria co nome do macho agás aqueles animais que teñen o nome en feminino tanto para o macho como para a femia, decidimos facer un dicionario en femenino. Clica aquí para velo.












Unha vez que remataron o traballo, para poñer en práctica o léxico aprendido, xogamos ao UNANIMO, que é un xogo de mesa francés, podes consultar aquí as regras.









Se queredes podedes empregar as diapositivas do noso traballo power point para xogar ao UNANIMO.


L'abécédaire des heroïnes

L'ABÉCÉDAIRE DES HEROÏNES

No curso de 4º de ESO traballamos a descrición de personaxes de ficción na unidade 5 e vimos que o noso manual só nos ofrecía personaxes masculinas, polo que decidimos crear un abecedario de heroínas. A través dun código QR vencellamos o noso abecedario cun PADLET onde puxemos un resumo de cada personaxe así como un enlace a unha páxina onde se pode atopar máis información sobre elas. Mira o abecedario e o PADLET podes consultalo neste link ou co código QR:







Os alumnos facendo o abecedario.


Agora temos previsto imprimir o abecedario para colgalo no IES.

Glosario bilingüe de plantas medicinais

O alumnado de Francés de 4º da E.S.O. e 1º de Bacharelato realizou un glosario bilingüe de plantas medicinais que se atopa dispoñible en Iss...